Reservas da biosfera: ¿Desenvolvemento ou conservación?

Allariz, reserva da biosfera

 

O 29 de xuño de 2005 o concello de Allariz xunto cos de A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos, foron declarados pola UNESCO (organización das nacións unidas para a educación, a ciencia e a cultura) Reserva da Biosfera, e como parte do proxecto “Home e biosfera”, o noso concello pasou a formar parte da Rede de Reservas da Biosfera.

O prinicipal obxectivo deste proxecto é conseguir unha especia de “mostra” de territorios que amosen unha boa relación entre ” home e territorio”. É dicir, territorios que sirvan como exemplo a nivel mundial dun bo uso dos recursos naturais e de conservación. Territorios cun desenvolvemento perdurable e sostible.

Pero ao levar a cabo este proxecto, Allariz non só pensa no prestixio que isto supón para o noso concello, senón que tamén se plantexa o debate entre a conservación e o desenvolvemento. O que se pretende con este proxecto e que esta reserva sirva como exemplo de que o desenvolvemento e a conservación non son incompatibles.

Pero, ¿podemos saber a ciencia certa que podemos combinar un bo desenvolvemento económico e social cunha conservación da diversidades biolóxica e mantendo ao mesmo tempo os nosos propios valores culturais?

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta