Razas galegas en perigo de extinción: “A Cachena”

A raza cachena é unha especie galega que na actualidade se atopa en perigo de extinción. Son animais de pequeno tamaño (as máis pequenas de Galicia e do mundo), con unha cornamenta grande e característica, e unha cor castaña clara que se escurece na rexión do pescozo e na cola. O seu peso e a súa altura oscila dependendo do sexo: os machos teñen una altura media de 122cm e 585kg de peso; mentres que as femias 117cm de altura e un peso moito menor, 380kg.

A área xeográfica desta especie sitúase maioritariamente na Provincia de Ourense, e dentro desta, na zona limítrofe co Parque Nacional de “Peneda-Geres”.

A situación actual en canto a número de cabezas desta especie ronda entre as 3590 repartidas nun total de 144 ganaderías (dato obtido en 2008).


Esta entrada foi publicada en Biodiversidade, Recursos naturais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.