Gasto en saúde e poboación

Podedes ver o que son os cartogramas nun artigo anterior.

Agora comentade este que vos poño co gasto total en sanidade, acompañado do de poboación.

Gasto total en saúde

Poboación

Que vos chama máis a atención?  É usando o gasto total como mellor podemos facer unha comparación entre países ou sería mellor expresar o gasto sanitario doutra forma?

Tedes máis cartogramas en Images of the social and economic world”

Esta entrada foi publicada en Imaxes, Saúde e etiquetada . Garda o enlace permanente.

7 Responses to Gasto en saúde e poboación

  1. ares di:

    Sigo preguntando: de que forma deberíamos de expresar ese gasto para facer unha comparación máis real?

  2. elenabh di:

    Por suposto que non. Non se debe usar o gasto total para facer unha comparación entre países, xa que, seguramente, en moitos exista un abuso por parte das clases altas,que teñen maior acceso a servizos sanitarios,sobretodo en países onde a seguridade social non existe.

    Probablemente como di Juan; China ou IÇndia sexa onde menos se gasta… pero eu creo que vai mais aló da economía do país,xa que China é un país de grandes recursos. Quizáis estea na mentalidade da xente, quizáis en EEUU a xente non vaia ó medico por un catarro como en España,ao non ser gratuito a xente comeza a ir menos ao médico,ou en países como China, onde a xente pobre é moi pobre, por nin gastar, e pola súa cultura,quizáis opten polos remedios naturais. Eu penso que esta comparación debería ser máis estudada,máis centrada en que se realmente onde se gasta en sanidade é realmente necesario, ou si realmente se cubren ben as necesidades da xente, ou simplemente a poboación,ás veces,abusa.

  3. ivandelabh di:

    O que interpreto nesta gráfica é que non onde máis xente hai se produce máis gasto na sanidade, senon que nos paises máis desemvolvidos o número de persoas que usan a sanidade pública é maior mentres que nos menos desembolvidos é menor.¿Por qué?
    Pode ter que ver que nos lugares onde hai sanidade pública (gratis) aumente e haxa un abuso dela mentres que onde a sanidade é privada non se produce tanto abuso xa que as consultas telas que pagar do teu propio bolsillo.

  4. Romero di:

    No artigo podemos ver como compara o gasto total en saúde e a poboación dun país. Podemos ver como os países máis desenvolvidos, a pesar de ter menos poboación ca outros, son os que mais gastos teñen en sanidade. Por exemplo Estados Unidos é o paaís que mais gasta en sanidade en concreto un 12% do seu PIB mentre que Alemania, o país europeo que mais gasta en sanidade destina un 9% do seu PIB a sanidade.
    Europa a pesar de ter menos poboación ca África gasta moito mais, por tanto os paíse mais desenvolvidos son os que mellor acceso a sanidade teñen mentres que non desenvolvidos non teñen un fácil acceso a sanidade e por tanto apenas teñen gastos, xa que so os ricos teñen acceso a unha boa sanidade.
    Pero hai casos de países como China que non teñen tantos gastos en sanidade por preferir manter un exército, xa que China destina a mayor parte do seu diñeiro ao seu exército.

  5. Juan Mata Naranjo di:

    Neste artigo podemos comparar dous aspectros moi distintos, a cantidade de xente que hai nun país e a cantidade de xente que utiliza a súa sanidade pública, e desgraciadamente a comparación é moi desproporcionada, é dicir, nos paises onde mais xente hai, por exemplo China e India, é onde menos se gasta en sanidade pública. Esto ten relación polo estado económico do país, os paises menos desenvolvidos teñen menos cartos para utilizalos para a saúde pública.

Deixa unha resposta