O big bang é o inicio

E nós tamén iniciamos eiquí (bastante tarde) o uso do blogue neste curso.

Como xa comentamos na clase, este ano o premio Nobel de Física foilles concedido a Perlmutter, Schmidt e Riess por descubrir que a expansión do universo estase acelerando cando o que se esperaba era que fose cada vez máis lenta.

O físico español Álvaro de Rújula publicou en El País un magnífico artigo (“Con galaxias y a lo loco“) no que explica da forma máis sinxela posible un tema que a maioría nos resulta tan inconcebible. Se o ledes de algo, ou se cadra moito, vos enteraredes.  E hai un premio especial para a primeira persoa que descubra porqué Rújula lle chama “partícula de Mou” ao bosón de Higgs

Esta entrada foi publicada en Universo. Garda o enlace permanente.

One Response to O big bang é o inicio

  1. jorgebc di:

    A verdade e que o artigo de Rújula é algo complexo de entender.

    O que entendín foi que o universo está en continua expansión dende que comezou o Bg Bang e que esa expansión estase acelerando gracias á enerxía oscura (a enerxía do vacío).

    A materia oscura crese que forma parte do universo pero non a podemos estudar ou observar. A materia que podemos observar só é 1/5 da materia total que forma o universo; así que o resto de materia é eoscura.

    A búsqueda de información sobre materia e enerxía oscura estase levando a cabo no acelerador de partículas do CERN. Alí tamén se pretende buscar o bosón de Higgs. Crese que esta partícula será clave para explicar o orixe da masa das partículas do universo. Este estudo no CERN levará tempo pero creo que se poderán lograr resultados da existencia desta partícula.

Deixa unha resposta