Consecuencias do cambio climático na agricultura e gandería galegas

No xornal “Faro de Vigo”, o catedrático de edafoloxía da Universidade de Santiago Francisco Díaz-Fierros facía unhas declaracións sobre as consecuencias do cambio climático sobre a agricultura e a gandería galegas, distinguindo entre as que serían negativas e as positivas, que tamén as habería.

Dr. Díaz-Fierros

Mentras que nas praderías poderían aumentar as necesidades de rega e algunhas árbores que hoxe viven nas zonas máis frías de Galicia ocuparían áreas máis reducidas, as vides poderían extenderse a zonas galegas onde actualmente non é posible o seu cultivo e nas actuais comarcas vitivinícolas poderían darse castes de gran calidade que agora se cultivan en lugares máis cálidos.

En canto a gandería, as granxas de aves, por exemplo, veríanse prexudicadas, pero menos que en zonas máis meridionais de España, polo que sairían gañando as galegas na competencia.

E como son malo, aí van unhas preguntiñas:

  • ¿Que raios será a edafoloxía?
  • ¿Que pasaría coas árbores das zonas maís frías de Galicia? ¿Para onde irían?
  • ¿Cal é a túa opinión sobre as consecuencias destes cambios?

Se queres ler o artigo completo, podes velo premendo nesta ligazón co Faro de Vigo

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

6 Responses to Consecuencias do cambio climático na agricultura e gandería galegas

  1. victorbh di:

    A mi me parece que este año casi no llovió nada y que el agua en el verano va a escasear mucho pero creo que en estos meses que quedan hasta el verano aún va a llover mucho y esta escasez se va a remediar.
    Los expertos creen que el cambio climático puede estar ocasionado por la modificación del clima con respecto al historial climático. Esos cambios se producen a muy diversas escalas de tiempo y sobre todos los parámetros meteorológicos: temperatura, presión atmosférica, precipitaciones, nubosidad…
    Por cambio climático se entiende un cambio de clima atribuido directa o indirectamente a la actividad humana que altera la composición de la atmósfera mundial y que se suma a la variabilidad natural del clima observada durante períodos comparables.

    • ares di:

      Recortas y pegas sin entender lo que pones. Y al modificar algumo de tus “pegotes” empeoras las cosas…Por ejemplo al decir que el cambio climático estaría “ocasionado por la modificación del clima con respecto al historial climático”
      Tampoco sabemos en qué basas tus “creencias” (que no sé que pintan aquí) sobre el tiempo (¡no el clima!) del próximo verano.
      Y cuida la ortografía (que ya corregí)

  2. marcosbc di:

    Pois como ben comentaron as duas compañeiras, non vou repetir o mesmo so vou aportar(xa que esto me afecta de primeira man pois a miña familia vive desto) unhas consecuencias que coñezo.
    Se esta seca que estamos tendo en Galicia non remite pronto, as granxas xa reducidas irán a menos, pois se non chove non se poderá regar nin o millo nin a herba, polo que non habra forraxe suficiente para afrontar o próximo inverno, ¿pero podese comprar? por suposto que se pode comprar pero xa coa crise encima que reduce os presupostos ao minimo, non se podera comprar pois ao haber demasiada demanda os prezos elevaranse, supoñendo que axa quen o venda.
    Outro caso do que son testigo do cambio climatico relacionado coas esplotacións agrarias é o dos cambios bruscos de temperaturas, que están a crear, nos animais neumonias moi graves, tanto para o animal como para o gandeiro, no meu caso o leite das vacas enfermas non pode ser vendido e polo cal se debe tirar, esto supón unhas perdidas moi grandes, posto que as inxeccións son caras e non producen beneficios. E en canto aos beneficios eu penso que so beneficiara a uns cantos, pois o cambio climatico sempre causará estragos no relacionado co agro.

  3. nuriabh di:

    A edafoloxía é a ciencia que estuda a composición e natureza do solo na súa relación coas plantas e o contorno que lle rodea. Dentro da edafoloxía aparecen varias ramas teóricas que se relacionan en especial coa física e coa química.

    As árbores que habitan as zonas máis frías de Galiza supoño que acabarían desaparecendo, non?, pero non sei para onde irían.

    E con respecto a este catedrático non estou para nada de acordo con el, porque non entendo como pode decir que o cambio climático produce efectos positivos.

  4. menobc di:

    A edafoloxía é a ciencia que estuda a composición e a natureza do solo na súa relación coas plantas e o contorno que as rodea .Polo tanto este catedrático, mediante estudos predí que no futuro as condicións do solo cambiarán debido ao cambio nos factores que o rodean, como pode ser o aumento da temperatura e as escasas precipitacións provocados pola contaminación que favorece o cambio climatico. Polo tanto ,se as condicions do medio cambian,isto fará que unhas plantas se poidan acostumar a esas condicións desenvolvendo unhas estructuras que lle permitan sobrevivir pero outras, pola contra, morrerán e desaparecerán dese lugar.

    Eu non estou de acordo co catedrático xa que nos fala dos beneficios do cambio que se esta producindo: perda de plantas autóctonas e a incorporación doutras novas especies etc,pois a min paréceme que o cambio climatico é algo negativo que non pode traer consecuencias positivas e que se está producindo pola nosa culpa , dónde os mais perxudicados son as plantas ,aquelas das que nos dependemos xa que sen elas a nosa vida non sería posible ao non ter quen nos transforme o co2 en osixeno.Aínda que o cambio climatico favorezca o desenvolvemento de plantas noutros lugares ,creo que ese non é o camiño que temos que seguir xa que o importante e manter a vida.Ante todo,debemos traballar por reducir o cambio climático.

Deixa unha resposta