Cambio climático e mexillóns

O cambio climático podería ter consecuencias moi graves sobre un sector económico galego tan importante como é o da pesca e acuicultura. A gran produtividade das costas galegas depende moito da existencia dun afloramento (ou upwelling) diante das nosas costas; ou sexa: unha subida de augas profundas ricas en nutrientes que provocarán a proliferación do fitoplancto, compoñente que está no inicio das cadeas tróficas mariñas.

Esto xa podería chegar para que a produción de mexillóns baixase drasticamente. Pero, ademáis, ao aumentar a cantidade de dióxido de carbono disolto na auga baixaría o pH da mesma, atacando as cunchas dos moluscos, entre eles o mexillón.

Mirade primeiro este estupendo vídeo da rede de investigadores EuroOceans, proporcionado pola Casa das Ciencias da Coruña, e probade a contestar as preguntas que se fan a continuación.


  • ¿Que quere dicir que o fitoplancto está no inicio das cadeas tróficas mariñas?. ¿Porque a diminución da cantidade de fitoplancto faría baixar a produción de mexillón?
  • ¿Que é o pH?. ¿Porque baixa ao aumentar a cantidade de dióxido de carbono disolto na auga?
  • ¿Porque un pH menor vai danar as cunchas dos moluscos?
  • ¿Cres que a información proporcionada neste vídeo é fiable?. ¿Porque?.
Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Vídeos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Cambio climático e mexillóns

  1. irisbh di:

    É penoso ver o pouco que nos importa os seres humanos o cambio climático e as súas nocivas consecuencias. Aínda pensemos que non é grave pero a Terra está sufrindo cada vez con máis intensidade as consecuencias do cambio climático. Si non tomamos medidas pronto a saber cómo estará a Terra dentro duns anos

    • ¿Que quere dicir que o fitoplancto está no inicio das cadeas tróficas mariñas?. ¿Porque a diminución da cantidade de fitoplancto faría baixar a produción de mexillón? O fitoplancto é o conxunto de organismos acuáticos que son a base da cadea trófica dos ecosistemas acuáticos porque sirve de alimento para os organismos maiores, por exemplo algúns animais mariños. Os mexillóns son uns moluscos que se alimentan mediante a filtración de fitoplancto

    • ¿Qué é o pH?. ¿Porque baixa ao aumentar a cantidade de dióxido de carbono disolto na auga? O pH (potencial de hidróxeno) é unha medida da acidez dunha disolución, por exemplo o auga. O CO2 é un elemento que está disolto na auga e que é beneficioso para que as plantas produzan O2, pero o mesmo tempo un exceso de CO2 non sería beneficioso para os peixes.Co aumento de temperatura o CO2 da auga aumenta e o pH disminúe producindo así un aumento da acidez da auga.

    • ¿Porque un pH menor vai danar as cunchas dos moluscos? Porque o diminuír o pH da auga aumenta a acidez e isto fai que animais como os moluscos, se vexan afectados. A acidez da auga pode chegar ata a disolver as súas cunchas.

    • ¿Cres que a información proporcionada neste vídeo é fiable?. ¿Porque?. Si porque na investigación dos problemas do cambio climático e as súas consecuencias nos ecosistemas mariños e na bioloxía mariña , están participando moitos investigadores de todos os países. Ademais Galicia tamén está formando parte desta investigación polo tanto os datos que teñen sobre as costas galegas están verificados.

Deixa unha resposta