Cartogramas

Hai un tipo de mapas nos que os diferentes estados represéntanse cunha superficie proporcional ao valor dun determinado dato. En “Images of the social and economic world” podemos ver algúns destes mapas, chamados cartogramas.

Eiquí podedes ver o cartograma no que se representa a poboación de cada país:

E agora podedes ver o que representa as emisións de gases de efecto invernadoiro:

¿ Que vos suxire a comparación entre estes dous cartogramas e de ámbolosdous co mapa “normal”?

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Imaxes e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

One Response to Cartogramas

  1. irisbh di:

    Comparando estes dous mapas cun mapa real podemos ver unha relación entre poboación, superficie dun pais e as emisións de gases de efecto invernadoiro. No 1º mapa os países con máis poboación como China, India, Brasil… veñen representados de cor verde e cun enfoque como de ollo de peixe, facendo así que sobresaian máis cos outros. No 2º mapa podemos observar que a contaminación concentrase nos países máis desenvolvidos como os do interior de Europa, os Estados Unidos,China e India. Tamén podemos observar que na zona central de África dado a súa pobreza, a súa escasa industrialización e o seu pouco desenvolvemento a contaminación atmosférica e case inexistente.

    Nos países máis grandes e desenvolvidos, onde a industrialización é maior, prodúcense moitos gases que fan que a atmosfera contamínese e que se produza o efecto invernadoiro, polo contrario nos países poucos desenvolvidos hai pouca contaminación porque neles non hai nin grandes industrias, nin grandes negocios e sobre todo porque viven nunha situación de extrema pobreza.

Deixa unha resposta