Transxénicos (slideshare)

Presentación sobre transxénicos usando slideshare


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Transxénicos (slideshare)

  1. Noelia di:

    Na miña opinión paréceme que o máis importante dos alimentos tranxénicos son os prexuízos en seres humanos e no medio ambiente, xa que a meirande parte de nós dálle pouca importancia.
    Moitos estudos revélannos que se descoñecen as consecuencias que terá no noso corpo a largo prazo a inxesta de alimentos con cadeas xenéticas modificadas. Pero púidose comprobar que a inxesta deste tipo de alimentos podía afectar directamente ao noso organismo por medio de :
    -Alerxias que xeran reaccións no ser humano ao producirse alteracións nas proteínas dos alimentos. Por exemplo, moitas persoas consumidoras de soia, desenvolveron a alerxia das noces de Brasil (a soia está alterada con xenes de noz de Brasil) polo que podemos interpretar esta alerxia como unha reacción do organismo humano en contra dunha proteína estraña a él.
    -Transferencia xenética da resistencia a os antibióticos. Non se sabe qué efectos poden producirse nos nosos organismos ao introducir no noso tracto intestinal xenes ou células de bacterias, por exemplo, resistentes aos antibióticos.
    -Toxicidad: a transferencia xenética de certos xenes, da lugar a outros seres tóxicos. E dicir, para facer que un alimento sexa resistente a X bacteria, alterase para xerar X toxina que manterá a salvo dos prexuízos da bacteria, pero ¿qué efectos terá esa nova toxina no noso organismo ou no medio ambiente?
    -A liberación de seres alterados xeneticamente a natureza, xa que poden producir cambios irreversibles en especies, poden producir bacterias e enfermidades máis agresivas e resistentes. Tamén debemos destacar que poden desaparecer especies de microrganismos ou diminuír de maneira esaxerada a cantidade ea calidade de insectos dunha zona, afectando estes a súa vez ós paxaros ou a outros animais que se alimentan deles. Moitas especies vexetais son erradicadas e modificadas polo que esto diminúe a biodiversidade e produce unha modificación no medio ambiente.

  2. Juan Feijoo di:

    Na miña opinión, os alimentos tranxénicos teñen argumentos polos que apoialos e outros polos que rechazalos.

    Razóns polas que aceptalos poden ser:
    -A plantas, ao ser modificadas xeneticamente, serán máis resistentes tanto a plagas como a insecticidas.
    -Algúns alimentos poderán ser máis nutritivos, madurar máis rápido, ser máis fortes(no caso dos froitos secos)…
    – No caso das plantas, poderán sobrevivir en climas hostiles con condicións extremas.

    Pola contra, tamén hai razóns polas cales rechazalos:
    -Centrándonos nun tema ético, podería estar mal manipular a natureza dun organismo.
    -Podrían disminuír a biodiversidade xenética.

  3. menobc di:

    Os alimentos tranxénicos son aqueles que foron modificados xeneticamente , é dicir introducíronlle xenes procedenes doutros seres vivos para que así melloren as súas características, como poden ser as resistencias a pragas ou a condicións adversas,cor externa…Isto non so trae consecuencias positivas,senon que ten unha serie de riscos sobre as persoas e o medioambiente xa provocan a aparicion de novas alerxias e o aumento da resistencia fronte aos antibióticos, ademáis de contaminar a outras especies e o solo.
    Últimamente os alimentos tranxénicos están invadindo os mercados .Cada vez son máis as persoas que os consumen e
    que provocan a desaparición dos productos naturais debido a que estes producen máis e son máis rentables para as grandes empresas.
    Ti cando vas mercar froita e tes diante duas clases de mazas: unha vermella moi brillante e sen defectos na súa cara externa e por outro lado , unha mazá tamén vermella pero que ten varias deformacións causadas por un verme ou polo sua forma natural.Por cuestión de “beleza visual ” sempre collemos aquelas que son perfectas pero que seguramente ten un sabor moi distinto a outra mazá natural ou seguramente podemos decir que non sabe a nada.Eu optaría polo natural e ti?
    Tamén pensas que o importante é o interior?

Deixa unha resposta